Son d´aldea

Son d'aldea: Adega traslada a Palas de Rei a actividade da Eira da XoanaO sábado 3 de setembro, Adega traslada a Palas de Rei a actividade da Eira da Xoana.

Santiago de Albá, no Concello de Palas de Rei, é o destino escollido desta volta para a actividade que os primeiros sábados de mes organiza Adega e a Eira da Xoana. Unha actividade dinamizadora da cultura rural a través da participación activa da cidadanía.

Con esta actividade, trátase de aproximarse ao pasado do rural galego e reflexionar sobre as vías de ruralidade no presente. Haberá tamén espectáculo teatral, xantar con produtos elaborados por xente que traballa no rural na actualidade e romaría tradicional que pechará o evento. Ademais dunha mostra de artesanía alimentaria e oficios artesáns.

  • PROGRAMA:
  • 10.00 h => Encontro na Eira para irmos todos xuntos a Santiago de Albá
  • 10.30 h => Roteiro teatral : o monte, o lavadoiro, o forno, a lareira, a escola e o tundal
  • 14.30 h => Xantar na aldea con María Castaña
  • 16.30 h => Sega/Malla
  • 19.00 h => Romaría/Concerto de Música Folk: Agrupación Musical Buxaina e A QUENLLA

Máis información sobre a Eira da Xoana

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*