Vou ter un irmán!

Vou ter un irmán, de María Solar - Editorial GalaxiaUn libro protagonizado pola incerteza que unha nena sente cando os seus pais lle din que vai ter un irmán.

As preguntas acoden voando á súa cabeciña: e como será?, e como é posible iso?, e como vai cambiar a miña vida?, e os meus pais agora van ser diferentes?

A escritora e xornalista María Solar constrúe en Vou ter un irmán unha historia divertida que permitirá, a irmáns maiores e a pais e nais co seu segundo en camiño, abordar o tempo da espera dende a comicidade e unha visión moi graciosa do mundo. Porque non hai nada máis fascinante que ter un irmán. As ilustracións son de Xosé Tomás.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*