Guía para nais e pais sobre uso seguro de videoxogos por menores

Guía para pais e nais sobre uso seguro de videoxogos por menoresAlén de riscos, moitos aspectos positivos como son a facilidade para comprender mellor conceptos abstractos, perfeccionamento de destreza visual e curiosidade musical ou artística.

A práctica dos videoxogos é unha das preferidas polos menores, o seu uso é moi habitual e moito máis estendido entre os nenos que entre as nenas.

Estes datos aparecen na “Guía para pais e nais sobre uso seguro de videoxogos por menores” elaborada polo Observatorio da Seguridade na Información, do Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación, INTECO, que acaba de publicar na súa páxina web un vídeo titorial informativo sobre os menores e os videoxogos.

INTECO destaca os aspectos positivos dos videoxogos, entre eles a facilidade para comprender mellor conceptos abstractos, e o perfeccionamento da destreza visual, a curiosidade musical ou artística.

En xeral, aínda advertindo dos riscos que supoñen os videoxogos para os usuarios, destácase a tendencia crecente do sector de software de entretemento, a nivel mundial, así como a súa potencialidade – e en xeral das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC)- como instrumento de axuda ao desenvolvemento do menor.

Por todo iso, esta iniciativa de INTECO intenta abordar as principais cuestións sobre seguridade e privacidade que encontran os pais á hora de regulamentar o xogo electrónico dos seus fillos.

“Cando o neno sae ao campo de xogo dixital (internet ou videoxogos) o papel dos pais debe ser equiparable a cando saen a xogar á rúa. Aínda que existan algunhas ferramentas para o ordenador que limitan que o neno poida acceder a determinados lugares, isto é unha medida insuficiente. A supervisión, o establecemento de regras de comportamento e horarios, e sobre todo, formar o neno nas boas prácticas que evitan comportamentos de risco, son fundamentais, e parte da responsabilidade de ser pais de hoxe en día”, explica Ignacio González Ubierna, subdirector de Desenvolvemento Corporativo de INTECO.

“O Instituto, a través das súas webs www.osi.es e www.inteco.es, axuda aos pais dándolles información, e subministrándolles algunhas ferramentas e as regras básicas para que poidan saber como formar os seus fillos, para que estes poidan seguir gozando de todas as vantaxes que o mundo dixital pon á súa disposición”, segundo González Ubierna.

Entre as ameazas á privacidade dos menores, INTECO recorda a posibilidade de que os datos persoais do menor facilitados no momento do rexistro sexan cedidos polas páxinas en liña de videoxogos, sen consentimento do titular. Ademais, as cookies e outros rexistros sobre a actividade online do usuario, aínda sendo legais, poden ser utilizados para solicitar información persoal do menor moi valiosa con fins publicitarios ou fraudulentos.

A guía de INTECO trata tamén do ciberbullying ou ciberacoso, que inclúe actuacións de chantaxe, vexacións e insultos levadas a cabo por outro menor. Outro epígrafe está dedicado ao grooming, conxunto de estratexias que unha persoa adulta desenvolve para gañar a confianza do menor a través de Internet co fin último enganar e de obter concesións sexuais.

Na guía de INTECO recoméndase aos pais que se impliquen na compra dos videoxogos, revisando a súa catalogación de acordo cos estándares máis comúns (PEGI ou ESRB).

Con carácter xeral, INTECO recorda que os pais deben supervisar a compra e instalación dos xogos, intentar que os fillos xoguen en sitios comúns do fogar, establecer normas de uso referidas ao tempo e aos contidos e concienciar os menores sobre a importancia da privacidade nos videoxogos e na Rede.

Finalmente promove a instalación de ferramentas de seguridade e ferramentas de control parenteral.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*