Superando os límites da biocapacidade da Terra

Informe Planeta Vivo 2010: Superando os límites da biocapacidade da Terra Achegamos un artigo de Verdegaia que advirte de que a este ritmo, serán necesarios tres planetas para satisfacer a demanda de recursos.

A este ritmo, serán necesarios tres planetas para satisfacer a demanda de recursos naturais dunha poboación que chegará aos 9.200 millóns de persoas en 2050, máis de 6.000 millóns deles apiñados en cidades.

“É unha das espectaculares conclusións da última edición (2010) do informe Planeta Vivo, de WWF. O documento amosa claramente que camiñamos pola senda da insostibilidade e que nos atopamos nun período de translimitación ecolóxica, é dicir: superamos os límites da biocapacidade da Terra. Xa non hai tempo para debates nin negociacións, chegou o momento de actuar”, expón o autor do artigo.

Sinálase ademais que a actual crise económica ofrece unha oportunidade única para re-avaliar o modelo de desenvolvemento e iniciar a ruta cara a sustentabilidade. Nese camiño atopamos dous retos prioritarios: cambiar o modelo enerxético e a conduta alimentaria.

O artigo completo na revista dixital ‘Cos pés na terra’, editada por Verdegaia:
Superando os límites da biocapacidade da Terra, por Miguel A. Valladares, de WWF España.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*