Un libro para salvar unha lingua

A lingua dos tlingit de Alaska é un idioma en extinción / Imaxe: wikipediaA tradución dun libro infantil quere ser en Alaska unha primeira peza a prol da salvación do tinglit, lingua en perigo de extinción.

‘Aanka Xóodzi ka Aasgutu Xóodzi Shkalneegi’. Só arredor de medio milleiro de persoas, as única que aínda coñecen o idioma Tlingit, descifrarían que a frase anterior significa ‘A historia do oso da cidade e o oso do bosque’. Este conto infantil, inspirado no coñecido relato do “rato da cidade e o rato do campo”, é unha iniciativa posta en marcha co obxectivo de manter viva esta lingua falada polos Tlingit, pobo nativo de Alaska. O libro distribúese xa en copias gratuítas para escolas do sureste de Alaska, tamén nunha edición en inglés, e unha versión en formato ‘audiolibro’ estará dispoñible en breve.

A información completa en The Guardian: Un libro para cativos co obxectivo de salvar unha lingua que morre

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*