Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria

Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoriaReúne 50 obras da literatura en galego destinadas aos nenos e as nenas de entre 0 e 18 anos, nas que se recolle o valor da igualdade e se racha cos estereotipos sexistas.

A guía foi elaborada pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GALIX) por encargo da Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Educación, a través do seu Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, que ten por obxectivo traballar na formación e na información do profesorado, e das nais e pais, cara á súa decidida implicación na consecución dunha escola coeducativa e igualitaria, na que desaparezan prexuízos de carácter sexista e que permita o desenvolvemento libre e integral das persoas.

Durante a presentación desta iniciativa, a pasada primavera, a secretaria xeral, Marta González, explicou que “a literatura reflicte a transformación do papel das mulleres nas sociedades occidentais”. Nesta guía, que é unha continuación da realizada no ano 2004, indicou González, “faise unha escolma daquelas obras máis significativas da literatura infantil e xuvenil en galego nas que se recolle claramente o valor da igualdade entre nenas e nenos, o protagonismo feminino ou a ruptura con esquemas preestablecidos e xa caducos en relación con aptitudes e comportamentos marcados polo sexo das persoas protagonistas”.

A Guía trata de salientar obras onde as nenas cumpren un papel protagonista activo e senlleiro; sinalar narracións en que tanto as cativas como os cativos se ven liberados dos roles de xénero máis esterotípicos; reflectir textos en que o maltrato e a violencia, en calquera das súas formas, son claramente condenadas ou nos que se establece unha reflexión profunda a partir delas; valorizar os saberes tradicionalmente considerados femininos; impulsar os valores de igualdade, paz e tolerancia a través da literatura; e achegar outras culturas para que se coñeza a situación de nenas e mulleres en ámbitos diferentes ao europeo.

Pode descargarse directamente dende aquí en formato .pdf: Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*