Semente: un proxecto de escola de ensino en galego

Semente: un proxecto de escola de ensino en galegoUnha iniciativa xurdida desde o activo colectivo cultural compostelán da Gentalha do Pichel.

Nais e pais vencellados a esta asociación traballan xa para botar adiante este proxecto de escola infantil. De xeito colaborativo, os propios promotores acondicionan xa o local no barrio de Vista Alegre que acollerá o centro, destinado a cativos de entre 3 e 6 anos. Unha xornada de portas abertas este venres 16 pretende ampliar a difusión da iniciativa.

Poden ampliar información en Facebook sobre o proxecto de escola Semente

No Portal Galego da Lingua, Marta Santos e Marcos López explican sobre o proxecto:
Escola de ensino galego Semente

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*