Aprender a construír instrumentos tradicionais

Aprender a construír instrumentos tradicionais Proxecto da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense xunto co Obradoiro de Instrumentos Populares.

Está aberto xa o prazo de inscrición para este Primeiro Curso de Iniciación á Construción de Instrumentos Musicais Tradicionais. A matrícula é de balde e os interesados poderán apuntarse no Centro Cultural da Deputación ate o vindeiro día 14 de outubro.

As clases serán impartidas por Manuel Brañas, director do Obradoiro de Instrumentos da Deputación, e os grupos non superarán as 10 persoas. A Escola de Artes e Oficios Artísticos tamén ofrece docencia en pintura, debuxo artístico, debuxo para pintura, alfareiría, modelado, talla en madeira e esmalte cerámico, disciplinas nas que está aberto o prazo de matrícula ate finais de mes.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*