Enredando, artesanía na escola

Enredando, artesanía na escola Proxecto destinado aos máis pequenos elaborado pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

Achegarlle a artesanía aos máis pequenos é o obxectivo desta iniciativa desenvolvida pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. A meta foi promover a integración dos nenos e das nenas no sector artesán.

Con esa fin organizáronse actividades tanto nos propios colexios como en obradoiros. A primeira unidade didáctica coa que se comezou a traballar foi “O gremio da seda”, na que se pretende comunicar de xeito práctico como é o proceso de obtención deste tecido, cunha serie de actividades que requiren a participación dos rapaces, de idades comprendidas en educación infantil primaria e secundaria.

Co material elaborado pola Fundación o alumnado puido reproducir todo o proceso de produción da seda, dende a cría e a evolución dos vermes ata a extracción para a confección do fío e a elaboración de tecido empregando os teares. Alén de descubriren o fascinante mundo da seda tratábase de inculcar desde a nenez o valor do produto feito á man, descubrindo todo o traballo que hai detrás destas pezas e coñecendo técnicas antigas que pasaron de xeración en xeración ata os nosos días.

Máis información na revista Obradoiro de Artesanía.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*