Día Mundial da Arquitectura

Proxecto Terra - Día Mundial da ArquitecturaA entrada da arquitectura e o urbanismo nas ensinanzas escolares, unha das propostas da xornada, como parte da sensibilización cidadá.

“Arquitectura e dereitos humanos” é o lema proposto pola Unión Internacional de Arquitectos (UIA) como guía de celebracións para este Día Mundial da Arquitectura, coincidindo este 3 de outubro co Día Mundial do Hábitat. “Toda persoa ten dereito a un nivel de vida que lle asegure o acceso á vivenda”, expón o artigo 25 da Declaración da ONU, subliñado polos promotores da celebración.

Entre outros, sinalan a necesidade de elevar o coñecemento, sensibilidade e capacidade de esixencia dos diversos grupos de cidadáns; a incorporación da arquitectura e o urbanismo nas ensinanzas escolares; unha activa defensa do patrimonio edificado; unha difusión incrementada da dimensión cultural da arquitectura, etc

“Con frecuencia esquecemos que o medio físico construído constitúe o marco e o hábitat, o biotopo, onde se desenvolve a práctica totalidade da vida cotiá das persoas e do amplo espectro de conxuntos, grupos e clases sociais que constitúen as extremadamente diversas sociedades contemporáneas”, argumentan.

Proxecto Terra
Aproveitando a xornada, recomendámosvos os materiais do Proxecto Terra, unha iniciativa didáctica dos arquitectos galegos que proporciona material didáctico dividido en tres ámbitos: arquitectura popular, arquitectura contemporánea e identidade territorial. “Un proxecto de cooperación co mundo da educación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co obxectivo de contribuír a mellorar o coñecemento que os escolares deben ter da nosa Arquitectura e da nosa Identidade Territorial”, explican.

Proxecto Terra

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*