Escola Bordils: Encontro no CGAI con profesorado de Infantil e Primaria

Centro Galego das Artes e a Imaxe (CGAI)Docentes deste centro que emprega o audiovisual como ferramenta de traballo para a formación dos alumnos falarán do proxecto.

Será o sábado 15 de outubro a partir das 10horas na sede do Centro Galego das Artes e a Imaxe (CGAI). Un encontro de formación que será guiado por Núria Aidelman e Laia Colell, da Asociación a bao a qu xunto con Carme Congost e Dolors Vilanova, mestras da Escola Bordils.

Apoiadas en exemplos prácticos, explicarase que facer cine é filmar, fotografar, montar pero tamén é mirar, escoitar, imaxinar, pensar, escribir, relacionarse, compartir. Facer cine pode ser inventar unha historia mirando un cadro, observar a luz ou fotografar as cores do ámbito máis próximo. Por iso, daranse instrumentos prácticos e metodolóxicos para traballar o cine e a fotografía con alumnos de entre 3 e 10 anos. O día anterior, o venres 14 de outubro ás 18 horas, nun pase aberto a todo o público, proxectarase Elogio de la escuela, sobre a Escola Bordils.

Os docentes que queiran acudir ao encontro do sábado 15 poden reservar praza no CGAI a través do correo electrónico info@cgai.org ou no teléfono 881 881 269 (Mónica García Iglesias).

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*