Premio Arume de poesía para nenos

Premio Arume de poesía para nenos Deica o 31 de outubro permanece aberto o prazo do certame organizado pola Fundación Neira Vilas.

Estimular a creación poética e achegar a nenas e nenos ao fermoso mundo da lírica é o obxectivo que subliñan desde a Fundación Neira Vilas ao fío desta convocatoria.

Cada libro que se presente ha de conter un mínimo de 350 versos. O premio ten unha dotación de mil euros ademais da publicación da obra premiada a través de Edicións Embora.

Información e bases do Premio Arume na web da Fundación Xosé Neira Vilas.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*