Semana europea da quenlla

Semana europea da quenllaO Aquarium Finisterrae únese ao evento con actividades adicadas a estes temidos animais.

Luns, mércores e venres ás 12 horas: alimentación de quenllas
De luns a domingo ás 13 horas e ás 18 horas: ‘Tiburóns en familia’, leccións de Bioloxía con-tacto

Os Museos Científicos da Coruña únense así á convocatoria de Shark Alliance. Cada mes de outubro este colectivo leva a cabo unha semana de actividades, a Semana da Quenlla, para que os defensores e os entusiastas das quenllas poidan familiarizarse con estas especies e coas medidas de protección estabelecidas para elas.

Nesta ocasión, a asociación quere facer presión sobre os ministros de Pesca dos estados membros da Unión Europea en prol dos compromisos non respectados do Plan de Acción para as Quenllas da Unión Europea, especialmente no relativo á petición dunha normativa reforzada contra o arrincamento de aletas de quenlla.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*