Xornada pola ciencia en galego

Xornada pola ciencia en galegoA Coordinadora de ENDL organiza videoconferencias coincidindo co II Día da Ciencia en Galego.

Con motivo da celebración do II Día da Ciencia en Galego o vindeiro venres 4 de novembro, a Coordinadora Galega de EDNL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo

Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal e director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago, será o encargado de falar para as aulas de Secundaria, co relatorio titulado “Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial”

Para as aulas de Primaria falará Isabel Fraga, profesora e membro da cátedra de Botánica da USC e directora do Museo de Historia Natural da universidade, na conferencia titulada “O valor dos bosques na sociedade actual: os seus compoñentes, as árbores; a súa conservación e o seu aproveitamento sostible”

Máis información e inscricións na web da Coordinadora Galega de EDNL: Xornada pola ciencia en galego

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*