“Abre os ollos”

"Destapa os ollos"Visitas dialogadas para estudantes de Secundaria na exposición “O espazo intermedio”, no MACUF.

Explican os comisarios da exposición “O espazo intermedio”, visitable no Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (MACUF), que o título alude á incómoda posición que a arte contemporánea veu asumindo ao longo das últimas décadas, a metade de camiño entre diferentes canons culturais, entre diferentes xéneros e disciplinas, entre procesos abertos e pechados, entre a autocompracencia do autor e o papel activo do espectador.

Trátase sen dúbida dun leit-motiv interesante. Incluso aproveitable desde unha perspectiva didáctica. Pero existe outra posible lectura desta exposición. Unha lectura que nos vai permitir falar máis da propia vida que do seu reflexo na arte (máis de problemas cotiás que de teorías lingüísticas) e que por tanto vai resultar máis atractiva para o alumnado.

Captar a atención duns rapaces de Secundaria require mostrarlles un estado de cousas oposto ao que eles esperan. Descubríndolles que as imaxes expostas nos museos non responden unicamente ao propósito de dar a nota, nin ao de alimentar un negocio elitista e desconectado coa realidade. Convencéndoos de que a arte do noso tempo pode axudalos a comprender máis profunda e persoalmente os conflitos sociais e as manipulacións mediáticas que teñen o mundo soliviantado. Ofrecéndolles un exemplo vital valioso que mobilice conciencias e canalice de xeito construtivo os seus impulsos de transgresión.

VISITAS: A actividade é gratuíta. O tamaño recomendado para cada grupo é de non máis de 50 alumnos. A duración da visita é de hora e media. Existe ademais a posibilidade de que a actividade se realice integramente en inglés, mais debe ser solicitado previamente no momento da reserva. Para reservar data ou recibir máis información: teléfono 981 178786 (luns a venres de 10:00 a 14:00 horas) ou escribir a educacionmacuf@arteyenergia.es.

Máis información na web do Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: “Destápate los ojos”.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*