Nova aplicación informática para a Federación Autismo Galicia

Nova aplicación informática para a Federación Autismo GaliciaO colectivo asina un convenio coa Deputación da Coruña para o financiamento desta ferramenta.

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou esta mañá un convenio de colaboración co presidente da Federación Autismo Galicia, Antonio de la Iglesia Soriano, co fin de achegar 62.000 euros ao desenvolvemento de novos módulos da súa aplicación informática FAGnet.

Este programa, segundo explicou durante o encontro Antonio de la Iglesia, permite compartir ferramentas e información entre as diferentes asociacións que integran a federación, un total de doce en Galicia. Desta maneira, calquera agrupación pode acceder a todos os programas e bases de datos que posúa a federación, o que facilita e axiliza en gran maneira o seu traballo. A Federación Autismo Galicia atende ao redor de 1.500 familias; na provincia da Coruña xestiona, ademais, colexios en Ferrol, A Coruña, Santiago e As Pontes.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*