Aeroportos Verdes

Aeroportos VerdesEscolares galegos participarán neste proxecto que incluirá o aeródromo de Lavacolla.

Alumnado de centros escolares terá a oportunidade de participar no programa Aeroportos Verdes, deseñado coa fin de sensibilizar o alumnado coa importancia destas instalacións como infraestruturas sostibles.

A iniciativa está impulsada pola Fundación AENA e promoverá obradoiros e visitas guiadas. Os rapaces poderán realizar un traballo con propostas para reducir o impacto ambiental e participar na construción de avións con pezas Lego e programas informáticos especiais deseñados para o proxecto. Aeroportos Verdes comezou a funcionar en Cataluña, no aeroporto do Prat, e chegará proximamente a Santiago de Compostela.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*