Belvís, a rede socio-educativa da AS-PG

Belvís, a rede socio-educativa da AS-PGO colectivo pon en marcha unha plataforma web para debate e intercambio de experiencias e recursos.

Consciente desta realidade e destas necesidades, A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) pon á disposición do profesorado, e tamén das familias, a rede Belvis que ten como obxectivos o intercambio de experiencias e de recursos e conta ademais cun  A.V.E (ambiente virtual de aprendizado).

Explican que a posta en marcha da iniciativa ten que ver coa idea de que as redes sociais poden empregarse como ferramentas de grande potencial para facilitar a aprendizaxe e a interacción social, especialmente nunha sociedade caracterizada por un constante fluxo de información. Tamén porque as características sociais actuais esixen un repensar o concepto de educación para o considerar un proceso polo cal a persoa adquire unha serie de competencias chave que lle van permitir adaptarse de modo flexible a un mundo que está a cambiar con rapidez e mostra múltiples interconexións. E en terceiro lugar, subliñan desde a ASPG que é preciso ofrecer ao profesorado galego e ás familias espazos de intercambio de opinións e traballo colaborativo na nosa lingua.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*