A CGENDL fai balance e colle forzas cara ao novo curso

A CGENDL fai balance e colle forzas cara ao novo curso Valentina Formoso Gosende, reelecta Coordinadora Xeral da asociación.

“Esta III Asemblea Xeral serviunos para consolidar a nosa organización, de dar un salto cara a proxectar o noso labor fóra dos límites dos centros do ensino neste momento de regresión do uso da lingua nos centros de ensino, regresión que mesmo se promove dende a propia administración”, expuxo Valentina Formoso Gosende durante a III Asemblea Xeral da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) celebrada a pasada fin de semana. Formoso Gosende foi reelixida como coordinadora xeral para os próximos dous anos ao fronte dunha candidatura na que se renovaron o 40% dos seus membros.

No decurso desta asemblea a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística realizou unha actualización dos seus textos estatutarios que lle permitan unha mellor concreción do seu labor do día a día nos centros de ensino. Así mesmo, presentouse o plano de traballo para o vindeiro curso e os obxectivos para os dous seguintes, que terán como obxectivo principal contribuír a xerar un discurso normalizador plural e integrador que chegue a todos os sectores da sociedade galega.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*