Concurso de Banda Deseñada Fiz

Concurso de Banda Deseñada FizO tema é a narración en banda deseñada escritas en lingua galega dunha aventura de Fiz, o personaxe creado por Kiko da Silva.

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra promove o primeiro Concurso de Banda Deseñada Fiz no que colabora o debuxante pontevedrés Kiko da Silva.

Os obxectivos deste concurso son fomentar o uso da lingua galega durante o proceso creativo e na expresión escrita; achegar a xente nova á banda deseñada e ás posibilidades narrativas que ofrece; transmitir a importancia da creación na nosa lingua e dar a coñecer a profesión de debuxante e guionista de BD, que ten en Galiza unha destacada e premiada canteira de autores con notable presenza dentro e fóra da nosa terra; ligar o uso da lingua galega a ámbitos de interese para xente nova.

Os destinatarios deste concurso son os alumnos dos centros de ensino do Concello de Pontevedra, divididos en dúas categorías: para estudantes de 2º e 3º ciclo de Primaria e para estudantes do 1º ciclo da ESO.

O tema é a narración en banda deseñada escritas en lingua galega dunha aventura de Fiz, o personaxe creado por Kiko da Silva.

Ademais dunha exposición de todos os traballos presentados, o primeiro premio das dúas categorías consistirá nun trofeo de Fiz, unha ilustración orixinal de Fiz asinada por Kiko da Silva e a publicación do traballo premiado na revista Fiz. O segundo premio será un trofeo de Fiz. Tamén existe un premio colectivo que consistirá nun obradoiro de banda deseñada impartido por Kiko da Silva que se sorteará entre as aulas dos centros de ensino que máis bandas deseñadas presenten.

Os traballos poderán presentarse ata o 20 de decembro no Servizo de Normalización Lingüística, rúa de Arcebispo Malvar, 1; CP 36071 Pontevedra. No exterior constará I Concurso de Banda Deseñada Fiz.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*