Xornadas sobre a Programación e Pedagoxía do Deporte en Idade Escolar

Xornadas deporte en idade escolarNa Coruña os días 18,19, 25 e 26 de novembro.

Serán oito as conferencias, impartidas por profesores e expertos en deporte escolar, as que compoñan o programa destas xornadas, orientadas fundamentalmente a formar aos técnicos que están á fronte das escolas deportivas que figuran dentro da oferta municipal.

Preténdese con esta iniciativa orientar aos técnicos deportivos e docentes de Educación Física no correcto ensino do adestramento co obxectivo de evitar o abandono deportivo dos nenos, que adoita ter lugar durante a adolescencia, ao redor dos 14 e 15 anos, e de facer fincapé nunha correcta e segura práctica deportiva.

As xornadas están organizadas por Sportis. Formación Deportiva, o Departamento de Didácticas Específicas da Universidade da Coruña e a Escola Galega de Adestradores da FGA, en colaboración coa Concellaría de Deportes do Concello da Coruña

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*