Dálle a volta ao Nadal

dalle-a-volta-ao-Nadal - Recollida de xoguetesAlumnos do ciclo superior en Educación Infantil de Ribadeo organizan unha campaña para que “ningún cativo quede sen xoguetes”.

“Porque xogar é un dereito, non un privilexio, agasalla xoguetes, agasalla ilusión”. Con ese lema emprenderon a súa iniciativa os alumnos do Instituto Dionisio Gamallo Fierros, en Ribadeo.

Representacións teatrais, charlas, folletos, etc. Un feixe de actividades realizadas en colaboración co Concello de Ribadeo baixo o lema “Dálle a volta ao Nadal”.

Así o explican eles mesmos desde a bitácora creada con tal fin: “Coa chegada do Nadal a maioría dos nenos e nenas reciben agasallos e agarda estas datas con moita ilusión. Con esta campaña queremos que ningún neno ou nena quede sen agasallos, contaxiandonos todos da maxia que trae consigo o Nadal. Pretendemos que aproveitedes aqueles xoguetes que tes esquecidos ou abandoados na casa para agasallar cun sorriso a aqueles nenos e nenas que non poden recibir agasallos”.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*