Recoñecemento para o ‘Proxecto Bata’

Bata por fóra, muller por dentro - Premios IreneDesenvolvido no IES Alexandre Boveda, en Vigo, a iniciativa resultou gañadora do “Premio Irene: a paz comeza na casa”.

O Proxecto Bata fai referencia á curtametraxe da realizadora Claudia Brenlla titulada ‘Bara por fóra (muller por dentro)’. Emprega a bata como elemento simbólico de recoñecemento do traballo “invisible” da muller. A metodoloxía desenvolvida tratou de conectar co mundo familiar para poñer en valor o traballo infravalorado da muller nos fogares.

Alén do instituto vigués, merecedor do primeiro premio, outros centros no resto do Estado foron galardoados tamén na edición deste ano dos Premios Irene: a paz comeza na casa, cos que o Ministerio de Educación fomenta iniciativas de prevención da violencia contra a muller e promociona a igualdade real entre mulleres e homes mediante o impulso de experiencias e propostas diversas.

Durante o evento presentáronse publicamente os traballos premiados co obxectivo de difundir experiencias educativas e boas prácticas que animen a outros profesionais da educación e ao alumnado a contribuír á prevención da violencia contra as mulleres.

Na web:
Proxecto Bata
Memoria do Proxecto Bata
Bata por fóra, presentación da curtametraxe

E tamén galardón nos Premios Irene para Ollos tristes, mirada baixa, boca pechada, do IES de Chapela

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*