Concurso de carteis para o Día das Letras 2012

Valentín Paz Andrade, conxunto escultórico na praza de San Xosé, Pontevedra; obra de César Lombera, 2006 / imaxe: GalipediaArredor da vida e da obra de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado o vindeiro 17 de maio.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para promover a celebración do Día das Letras Galegas 2012 nos centros educativos. Con este obxectivo, propón a elaboración dunha exposición arredor da obra, da época e da lingua de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado o 17 de maio do ano que vén, así como da situación sociolingüística do momento no que viviu.

As bases da convocatoria poden consultarse na páxina web da secretaría xeral.

O concurso conta con dúas categorías: nunha delas poden participar os centros de educación infantil e primaria, e a outra está dirixida aos centros de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional específica. Os centros educativos nos que se imparta educación infantil, primaria e secundaria poderán concursar nas dúas categorías.

A exposición que presente cada centro deberá estar conformada por un total de 10 carteis de 70×50 centímetros. Para cada un deles, elaboraranse unha serie de actividades para guiar a súa observación e fomentar o labor de investigación do alumnado, que se xuntarán á exposición en forma de guía ou cuestionario.

Todos os centros que estean interesados participar nesta iniciativa poderán facelo ata o 16 de xaneiro de 2012, día en que remata o prazo para a admisión dos traballos.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*