Igualmente? Alumnado e xénero, percepción e actitudes

Igualdade - Alumnado e xénero, percepción e actitudesUn informe da Federación de Mulleres Progresistas amosa o peso dos prexuízos que seguen obstaculizando o camiño da Igualdade.

Igualmente? Alumnado e xénero, actitudes e comportamentos
recolle os datos dun total de 1.396
cuestionarios realizados entre 2009 e 2010 en institutos de secundaria das cidades de Madrid e Burgos. Entre os principais resultados destacan que o 80% das persoas entrevistadas considera que a moza debe compracer ao seu noivo, máis do 40% pensa que o mozo ten a obrigación de protexela a ela e perto do 60% está de acordo en que os celos son normais nunha relación.

Afirmacións deste tipo, e outras máis sutís, como a de controlar o móbil da parella ou que o amor dun home é condición necesaria para que unha muller se sinta realizada son indicios suficientes para que a FMP alerte destas actitudes temperás de posibles situacións de malos tratos con obxecto de incidir nelas e desterralas do alumnado.

“As opinións dos/as máis novos sobre as súas relacións afectivas denotan situacións de control por parte deles e de submisión por parte delas, o que pode supor o preludio e o inicio de episodios considerados como violencia de xénero”, sinalou na presentación en roda da prensa do informe, a presidenta da Federación de Mulleres Progresistas (FMP).

Yolanda Besteiro De la Fuente engadiu que “é desalentador que á vista dos resultados, siga existindo descoñecemento do que supón a desigualdade entre sexos, ademais se manteren crenzas erróneas como reducir a violencia de xénero ao doméstico ou a un matrimonio conflitivo e mitos como atopar causas dos malos tratos no consumo de sustancias ou alcol”.

Por último, a responsable da FMP, manifestou que “a protección mal entendida, a compracencia que cren as mozas deben dar ás súas parellas ou as renuncias que en moitas ocasións se producen deben ser detectadas e atalladas de maneira inmediata” e para iso, conclúe “é moi importante a educación en igualdade que fagamos entre todos e todas, somos responsables familia, escola e sociedade en xeral”.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*