Por un uso non sexista dos xogos e xoguetes

Por un uso non sexista dos xogos e xoguetes Iniciativa do Concello de Vigo para a sensibilización da cidadanía na importancia de fomentar a igualdade.

Os xogos e os xoguetes teñen un papel fundamental na educación e na formación da personalidade, xa que a través deles imítanse condutas, transmítense valores, modelos de comportamento e actitudes. Así o subliñaba a concelleira de Igualdade do Concello de Vigo, Chus Lago, ao tempo que salientaba que a idades moi temperás, deica os 3 anos, nenos e nenas xogan indistintamente con diversos tipos de xoguetes, pero que a partir dos 3 anos descartan coa incorporación na escola e coa asignación de roles e estereotipos diferenciados para nenos e nenas.

A iniciativa promovida desde o concello vigués, diríxese así a familia, escola , medios de comunicación, xogueterías , superficies comerciais, etc “Ningún dos axentes socializadores citados debería etiquetar os xogos ou xoguetes, segundo o sexo da destinataria ou destinatario”, recomendan.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*