V Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

V Premio Internacional Compostela para Álbums IlustradosConvocada unha nova edición do galardón promovido por Kalandraka e o Con V cello de Santiago.

Deica o vindeiro 2 de marzo permanece aberto o prazo de recepción dos traballos para o V Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, convocado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e a editorial Kalandraka. O premio conta cunha dotación económica de 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor e o gañador darase a coñecer arredor do 2 de abril, no marco do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e das actividades da XII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

Kalandraka publicará a obra premiada nas cinco linguas oficiais peninsulares -galego, castelán, catalán, éuscaro e portugués- en outubro de 2012. A editorial poderá publicar tamén os traballos que reciban unha mención especial. Poden consultar as bases completas de participación na web de Kalandraka.

O anterior premiado: “El camino de Olaj”, de Martín León-Barreto.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*