III Congreso Galego de Investigación en Ciencias da Educación

cogalice2012Organizado por alumnos de terceiro ciclo de Ciencias da Educación da USC, terá lugar en abril deste ano.

O Congreso Galego de Investigación en Ciencias da Educación (COGALICE) nace das inquedanzas, desexos, motivacións e intereses dun grupo de alumnos de Terceiro Ciclo da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

A través deste evento quérese crear un espazo de formación e participación do alumnado de Posgrao e dos últimos anos das diferentes titulacións de Educación. O propósito é construír un espazo aberto para a promoción, intercambio e discusión de experiencias e investigacións desenvolvidas nas diferentes áreas de coñecemento do ámbito educativo. Os seus promotores convidan a unirse á iniciativa. Toda a información na web COGALICE 2012.

Datas de celebración: mércores 18, xoves 19 e venres 20 de abril de 2012.
Lugar de celebración: Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Rúa Xose María Suárez Núñez, s/n, (Campus Vida). 15782, Santiago de Compostela (A Coruña).
Prazas: 250 prazas (outorgaranse segundo orde de matrícula).

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*