Obradoiros de iniciación á poesía no Verbum

Verbum - Fotos e textos sobre as vilas de GaliciaO recinto vigués acolle os domingos de xaneiro esta actividade para cativos de entre 5 e 8 anos.

O obradoiro de carácter gratuito celebrarase no Verbum en horario de 12 a 13h e os asistentes poderán facer lecturas de poemas da autora do obradoiro, Alicia Fernández, pero ademais gozarán con poemas infantís de diferentes autores como Manuel María a Elvira Riveiro.

Para facer máis amena esta actividade do Verbum están preparados xogos e métodos para a creación literaria. Así, poderase por exemplo “facer” un poema cambiando só dúas palabras doutro poema base, ou finalizar versos incompletos con palabras que se poderán atopar en caixas de inspiración. Tamén se traballa con cancións que son verdadeira poesía como as creacións de Mamá Cabra ou Pablo Díaz.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*