Premio Luís Freire de Investigación Científica para Escolares

Premio Luís Freire de Investigación Científica para EscolaresUn desafío aos estudantes galegos de secundaria a demostraren a súa creatividade científica.

Convocado polos Museos Científicos Coruñeses e El Corte Inglés, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, busca fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas.

O primeiro paso que os estudantes deben dar para participar é formularse unha pregunta á que desexen dar resposta, relacionada con feitos e procesos da vida cotiá, da súa contorna máis inmediata. Despois, co asesoramento dun profesor, deberán deseñar a investigación científica que lles permita obter resultados e conclusións.

Os escolares que desexen participar teñen ata o próximo 30 de xaneiro para enviar as súas preguntas. Posteriormente, os admitidos terán 3 meses para desenvolver os seus traballos. A fase final terá lugar na Domus o 9 de xuño de 2012, e a ela concorrerán os cinco mellores traballos seleccionados.

Na XIV edición do “Luis Freire”, o primeiro premio consiste nunha viaxe a Atapuerca (con visitas ao Museo da Evolución Humana de Burgos, ás escavacións arqueolóxicas e aos talleres que levan a cabo os investigadores) e un cheque-regalo de El Corte Inglés para o profesor. A viaxe terá lugar os días 29 e 30 de xuño e 1 de xullo de 2012.

O Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares foi creado en memoria do botánico galego Luís Freire, e premia aos participantes que se distinguen pola orixinalidade e o rigor das súas investigacións, que demostran sentido crítico, curiosidade e constancia.

Toda a información na web oficial do Premio Luís Freire

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*