2012: Valentín Paz Andrade na memoria

Valentín Paz Andrade - Peneiramos recursos sobre o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

“O estilo de Paz-Andrade que ás veces serve incluso para amenizar as súas áridas especulacións ó marxe literario, é o que o rescata das limitacións do tratadista para situalo, con tódolos dereitos, pero tamén con tódalas responsabilidades, na áre directa e firme do escritor e do poeta”, escribou Blanco Amor sobre Valentín Paz Andrade. “Cada un dos seus pasos estaba tinguido de compromiso, Galicia para él era unha utopía realizable”, afirmou sobre el Manuel Rivas. “Foi un grande patriota galego, un grande economista e tamén un grande empresario; ou sexa que uníu o amor pola cultura galega ó desenvolvemento económico do País… endexamais renunciou á loita polos dereitos políticos de Galicia; o seu exemplo debemolo seguir todos”, opina Camilo Nogueira.

Son exemplos salientados na web oficial sobre o homenaxeado, recentemente presentada, e que ofrecen exemplo do rico perfil humano e profesional de Valentín Paz Andrade. Narrador, poeta, economista, empresario, político, xornalista…

Velaí unha ESCOLMA DE RECURSOS NA REDE SOBRE VALENTÍN PAZ ANDRADE:

Valentín Paz Andrade

***** Axúdanos a completar o guieiro. Avísanos doutros recursos na rede que coñezas ou de novos recursos que vaian aparecendo. Podes escribir nos comentarios a pé deste texto ou ben enviarnos unha mensaxe á nosa caixa de correo: botons (arroba) botons.eu

4 COMENTARIOS

  1. Creo que en xeral a figura de Valentín Paz Andrade era e segue sendo bastante descoñecida. Eu en particular non coñecía ese interés que tiña pola lusofonía.

Deixa una resposta a Lectura, principiños e curtametraxes: o máis lido o último mes | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*