Nova Escola Galega 25 anos da Revista Galega de Educación

O Consello da Cultura acolleu unha presentación pública da revista coincidindo cos seus 25 anos de vida.

A RGE comezou a editarse en 1986 cunha periodicidade trimestral, promovida por Nova Escola Galega e editada por Edicións Xerais de Galicia. A finais de 1988 chegaba aos 800 subscritores/as,cunha difusión de 1.400 exemplares en cada número.

A RGE iniciou a fins do 2005 a súa segunda etapa, de periodicidade cuadrimestral. Defínese como unha publicación pedagóxica, en lingua galega, dirixida ao profesorado e, en xeral, aos educadores/as e técnicos/as da educación en Galicia; plural e construída desde as posicións de reforma democrática da educación, ao servizo dunha sociedade solidaria, libre e cultural e lingüisticamente normalizada, posicións todas elas preconizadas polo conxunto de Movementos de Renovación Pedagóxica, e singularmente por Nova Escola Galega.

Información en El País: A revista galega de educación celebra os seus 25 anos de existencia

Máis información na web de Nova Escola Galega

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*