A ciencia e ti

A ciencia e ti - fotciencia1-celulasUn exemplo do que pode verse na exposición da Domus sobre o certame FotCiencia.

‘A ciencia e ti’, imaxe que acompaña estas liñas, é unha fotografía obra de Beatriz Fernández Muñoz. Nela, a autora afirma querer contar o que a ciencia significa para ela: admiración. Para iso escolleu unha imaxe onde aparecen dúas células amosando unha proteína verde fluorescente no seu citoplasma. Unha delas adoptou forma circular e a outra estírase para desprazarse cara a outro lugar.

É un dos exemplos que se pode ver na exposición que acolle a Domus, na Coruña, estes días. Unha peneira das mellores imaxes da ciencia que reúne imaxes gañadoras e finalistas da oitava edición do certame de fotografía científica, FotCiencia, que organiza o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). (Está xa convocada a 9ª edición de FotCiencia

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*