O CEESG nomea Colexiada de Honra a Mariló Candedo Gunturiz

ceesg - mariló candedo gunturiz, colexiada de honra 2012O Colexio Profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia contemplan a posibilidade de que a súa xunta de goberno, poida nomear colexiados/as de honra ás persoas que, polos méritos científicos, técnicos e profesionais no ámbito da educación social, contribúan ao desenvolvemento desta profesión.

Con ocasión do aniversario dos seus once anos de creación como colexio profesional, o CEESG aproveita para facer un recoñecemento expreso do labor que veu desenvolvendo a profesora Mª Dolores Candedo Gunturiz, e a súa grande contribución ao desenvolvemento desta profesión. Entre os seus méritos destacan:

  • É profesora de Pedagoxía Social no grao de Educación Social, na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
  • Foi Decana da Facultade de Ciencias da Educación da UDC de 2000 a 2005, onde tivo que representar a varias titulacións, entre elas, a educación social.
  • Foi adxunta na vicerreitoría de organización académica e titulacións, responsable da posta en marcha dos graos, entre eles, o de educación social.
  • Os seus ámbitos de investigación están moi ligados á Educación Social: educación en valores e políticas culturais no marco da administración local, modelos e usos linguísticos en educación.Ten publicado temas de Educación Social e Escola, Pedagoxía Social e Educación Ambiental.
  • Foi presidenta do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega entre os anos 97-99, volvendo desde hai dous anos a ocupar este cargo. Nestes anos Nova Escola Galega sempre foi aliada co Ceesg coa que compartimos ideas e espazos en defensa dunha educación comprometida coa sociedade galega, apostando pola incorporación do perfil da educación social no ámbito escolar. Neste senso, organizáronse conxuntamente 2 encontros sobre a temática Educación Social e Escola, ademáis colaborar en numerosas iniciativas.
  • Mª Dolores Candedo é unha persoa moi comprometida e valiosa tanto a nivel profesional como humano.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*