Aberta á mocidade o envío de suxestións para o programa de lecer Ardora

Borja Carro - Concelleiro de Cultura - Concello de FerrolFerrol convídaos a propoñer ideas sobre actividades posíbeis a desenvolver.

Dende marzo e até o mes de maio vaise desenvolver unha nova edición do programa de lecer xuvenil Ardora, promovido polo Concello de Ferrol. Con tal motivo, a concellería de Xuventude abriu ao público o deseño e elaboración da programación.

As actividades vanse estender ás tardes dos venres e sábado alén da xornada de noite como viña sendo até o de agora. Colexios, institutos, colectivos xuvenís e os propios mozos e mozas a título individual poden enviar xa as súas suxestións e propostas á caixa de correo www.xuventude @ ferrol.es deica o día 10 de febreiro. Logo de peneirar as ideas chegadas elaborarase o programa definitivo de obradoiros e actividades.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*