Congreso internacional de videoxogos e educación

Congreso internacional de videoxogos e educaciónPrimeira edición deste evento, con debate en liña incluído.

Este I Congreso internacional de videoxogos e educación está organizado polo equipo investigador “Computadores e videoxogos nas aulas”, do departamento de Teoría da Educación da Universidade de Valencia e ten lugar en Alfas del Pi (Alicante). Quere darlle resposta aos desafíos na utilización dos recursos que as tecnoloxías da información e a comunicación significan para a formación dos ‘nativos dixitais’ e desde o uso do xogo para a educación e consecución de obxectivos educativos.

O congreso quere favorecen o intercambio entre profesionais da formación de distintos eidos disciplinarios e niveis educativos, profesionais da educación non formal, creadores de videoxogos e estudantes de ensino superior. Para favorecer o debate, o congreso propón unha modalidade a través de internet que quedará aberta durante vinte dúas para a presentación de traballos e o intercambio de ideas.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*