I Concurso Infantil e Xuvenil de Relatos “letras na brétema”

I Concurso Infantil e Xuvenil de Relatos "letras na brétema"O tema dos relatos será: mitos e lendas galegas na zona do Barbanza.

Chéganos aviso desta convocatoria organizada pola Editorial Q o Concello de Ribeira e Brétema Bar.

Poderán tomar parte neste concurso todos aqueles nenos e xóvenes de ata 17 anos, establecéndose tres categorías:
1ª categoría: ata 9 anos
2ª categoría: de 10 a 13 anos
3ª categoría: de 14 a 17 anos

O tema dos relatos será: mitos e lendas galegas. Os contos, “reais ou ficticios”, deberán estar baseados en historias ou personaxes populares e traicionais e ambientados dentro da comarca do Barbanza. Os relatos contarán cunha extensión mínima, de texto, de 1 páxina dinA4, Times New Roman 12, interlineado dobre, numeradas e unha extensión máxima de 5 páxinas. Valorarase a inclusión de debuxos relacionados co relato. As obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas. Non se admitirán relatos premiados con anterioridade en calquera outro concurso ou certame. A tal efecto, os concursantes realizarán unha declaración xurada na que se manifesten as referidas cuestións. Os relatos presentaranse en lingua galega. Cada participante poderá presentar un único relato. Os relatos presentaranse por duplicado, sen asinar, co título correspondente, o seudónimo e a idade do autor, xunto cun sobre pechado no que conste asimismo o título, o seudónimo e a idade. No sobre, introducirase a ficha de inscrición anexa debidamente cumprimentada cos datos do participante.
As bases completas na web de Arousa Norte.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*