Fai o teu barrio accesible

Fai o teu barrio accesibleEn marcha outra edición deste programa de sensibilización educativa.

Milleiros de rapazas e rapaces dos centos de escolas inscritas sairán á rúa na procura dos puntos menos accesíbeis en cidades e vilas. O obxectivo é detectar esas barreiras nas que a miúdo a sociedade non repara e que impiden que persoas con algunha forma de discapacidade poidan desenvolver as súas vidas de xeito independente con normalidade.

Poñerse na pel do outro, detectar problemas e propoñer solucións a eses problemas. Baixo o lema “Fai o teu barrio accesible”. Do traballo do alumnado sairá ademais un mapa da accesibilidade a nivel estatal. Un total de 295 mil escolares participan na actividade.

“No noso día a día acostumamos a desprazarnos con facilidade dun lado a outro das nosas cidades e vilas (a clase, ao parque, á biblioteca, á casa). Facémolo de xeito case automático e sen darnos conta de que aquilo que para nós non é barreira ningunha (un pequeno bordo na beirarrúa, un semáforo, etc) pode implicar gran dificultade para outras persoas”.

Máis información no espazo web Concursoescolaronce.es

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*