Contaminación, dieta ou seca, factores propiciatorios da asma

Contaminación, dieta ou seca, factores propiciatorios da asmaSubliñado na III Xornada sobre Saúde Infantil e Medio Ambiente.

  • O risco ambiental máis significativo para o desenvolvemento da asma na infancia e a exposición ao fume de tabaco
  • Varios traballos asociación a exposición ao fume de tabaco no útero, polo tabaquismo da nai durante o embarazo ou o da avoa, naqueles casos nos que non fumaba a embarazada
  • O consumo frecuente de froita, verdura e peixe asóciase cunha prevalencia máis baixa da asma, mentres que alto consumo de hamburguesas desemboca en maior prevalencia
  • Acontecementos extremos como vagas de calor, secas e asolagamentos teñen efecto moi negativo sobre a saúde

As evidencias que apoian a idea da interacción do medio ambiente coa xenética do individuo foron un dos centros de interese da III Xornada sobre Saúde Infantil e Medio Ambiente, organizada pola Fundación Roger Torné en colaboración con la asociación Española de Pediatría de Atención Primaria e a Fundación La Caixa.

“Esta interacción permitiranos saber que actividades de promoción da saíde debéramos levar a cabo para orientar as familias en hábitos saudábeis, así como esixirlles ás administracións públicas mudanzas lexislativas de protección do medio ambiente que axuden a mellorar a saúde dos individuos”, expuxo Manuel Praena, coordinador do Grupo de Vías Respiratorias da Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria (AEPap). Praena centrou a súa intervención nos factores condicionantes da saúde respiratoria infantil e comentou sobre os estudos que demostran que o estado de saúde dos individuos depende do medi no que viven e co que interaccionan.

“De feito, o risco ambiental máis consistente e significativo para o desenvolvemento da asma na infancia é a exposición ao fume de tabaco, feito identificado en numerosos estudos epidemiolóxicos”, afirmou. Ademais, existen moitas probas de que a contaminación do aire exacerba a asma xa existente, malia non estar ben establecido aínda o seu vínculo co desenvolvemento da asma. Un traballo recente, por exemplo, describe a exposición á polución do tráfico dos coches como factor de influencia.

“Lograr un ambiente saudable, libre de contaminantes, debe ser obxectivo para a nosa sociedade, ao cal debemos contribuír como profesionais sanitarios, orientando as familias e reivindicando diante das administracións públicas unha lexislación apropiada”, indicou o doutor.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*