Home » Onde ir/que ver » Proxecto Arqueolóxico da Pena Furada

Proxecto Arqueolóxico da Pena Furada

pena furada 300x224 Proxecto Arqueolóxico da Pena FuradaO sitio arqueolóxico de Pena Furada, en Coirós (A Coruña) é un enigmático saínte pedregoso nunha ladeira de forte pendente na que conflúen o río Torarou e o río Mendo.

A xacida da Pena Furada ocupa un pequeno outeiro que foi moi intervido a través de actuacións arquitectónicas ordenadas que monumentalizaron todo o lugar e a criaron un amplo espazo ritual. Desde os anos 90 era coñecida por unha representación moi pouco habitual: unha figura humana co sexo feminino moi destacado, coñecida como A Moura. O pouso de misterio que envolvía este excepcional lugar levantouse cunha campaña de limpeza vexetal, que revelou a súa complexidade e grande importancia.

Así nolo contan no espazo web Penafurada.net. O proxecto está coordinado por Antón Malde e Manuel Gago e xuntou esforzos dun feixe de xente que a título individual vén colaborando desinteresadamente cos traballos. Na web sublíñase ademais que o proxecto tamén repara na necesidade da transmisión de resultados á sociedade. E os nenos son un capítulo especial nesa vontade. O equipo -especialmente a unidade formada polo arqueólogo Antón Malde e a actriz e contacontos Soledad Felloza- ofrecen sesións de explicación do sitio arqueolóxico da Pena Furada aos nenos das comunidades próximas ao sitio arqueolóxico, explorando a mitoloxía, a arqueoloxía como ciencia, a memoria cultural e o patrimonio. A través da web podedes contactar con eles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>