Home » Recursos » Cambiar o mundo » Planeta Verde » “Vai de roteiros!” pola enseada de San Simón

“Vai de roteiros!” pola enseada de San Simón

vai de roteiros verdegaia 211x300 “Vai de roteiros!” pola enseada de San Simón Proposta de Verdegaia para o domingo 26 de febreiro.

A estación de tren de Arcade, Soutomaior, ás 10 horas do domingo 26. Aí é a cita de encontro se queredes participar na actividade deseñada por Verdegaia para esa xornada.

O itinerario previsto: estación de trens de Arcade, río Verdugo, Pontesampaio, illa do Castelo, illas Alvedosas, muíño de marea de Paredes, saíñas do Ulló, punta dos Caralletes, campos de Larache e volta á estación de Arcade. O percorrido é de dificultade baixa e realizarase a pe coa axuda dun guía especializado. Durará todo o día coa súa finalización estimada ás 17 h. e cómpre levar comida, calzado e roupa axeitados, e prismáticos se se dispón deles.

A enseada de San Simón está situada nos concellos de Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Moaña e Pontevedra e pertence á Rede Europea de Espazos Naturais Rede Natura 2000 dende o ano 2001 cun espazo protexido de 2.252 ha. Este espazo natural alberga cinco Hábitats de interese comunitario para a Unión Europea. Ademais, a enseada de San Simón é unha importantísima zona de invernada para un elevado número de aves acuáticas.

Programa Vai de roteiros!
Organizado por Verdegaia, o Vai de roteiros! abrangue a totalidade da xeografía galega e zonas próximas, coa fin de divulgar os valores naturais, culturais e etnográficos das zonas visitadas, dar a coñecer e denunciar as desfeitas que se detectan nas zonas polas que transcorra o roteiro, fomentar a participación cidadá en actividades relacionadas coa natureza, ser un elemento de ocio máis ofertado gratuitamente á cidadanía, e fomentar o traballo conxunto entre asociacións.

Máis información na web de Verdegaia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>