Escolas de trece concellos participan nun Club de Debate

Escolas de trece concellos participan nun Club de DebateIniciativa dos servizos de normalización lingüística en prol do uso da lingua e o fomento do pensamento crítico.

Participan equipos mixtos, de entre catro e dez membros de 3º e 4º de ESO, 1º de Bacharelato ou ciclos formativos dos trece concellos organizadores: Ames, Betanzos, Carballo, Carral, A Coruña, Ferrol, Oleiros, As Pontes, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vigo.

Entre os obxectivos: favorecer o emprego do galego na mocidade en contextos formais, incentivar o pensamento crítico e o intercambio de opinións e afondar na fluidez comunicativa.

Os equipos participantes enfrontaranse nunha fase comarcal ou de zona e o equipo gañador desta fase competirá na final galega cos outros equipos gañadores da distintas comarcas. Esta final galega terá lugar o 28 de abril en Pontevedra.

Máis información na web da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua: Club de debate, unha iniciativa conxunta de 13 SNL para favorecer o uso oral da lingua na mocidade

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*