Valentín Paz-Andrade, achega didáctica

Valentín Paz-Andrade, achega didácticaA colección Merlín de Xerais trae a novidade desta biografía pensada para lectores de entre 12 e 14 anos.

“A vida de Valentín é bastante interesante, apaixonante incluso, e o que intentei é facer unha biografía breve e sinxela que lle achegue aos rapaces todas as diferentes facetas deste escritor a quen se lle adica o Día das Letras pero que fixo moitas máis cousas que escribir”.

Deste xeito o explicaba Charo Portela, autora de ‘Valentín Paz Andrade, biografía e antoloxía’, para os micrófonos do Diario Cultural da Radio Galega.

“Os rapaces poden ver como é posible adicarse a múltiples tarefas, desde a economía e a pesca ata escribir magníficas poesías e ensaios”, explica Portela. A súa actividade como empresario, avogado, especialista no eido pesqueiro, poeta, xornalista… O volume repasa así de xeito ameno a vida de Valentín Paz Andrade, homenaxeado este 2012 no Día das Letras.

Sobre o libro, ‘Valentín Paz Andrade, biografía e antoloxía’, conversa coa autora, Charo Portela, no Diario Cultural

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*