Inicio » Actualidade » A Revista Galega de Educación prosegue as súas presentacións en todo o país

A Revista Galega de Educación prosegue as súas presentacións en todo o país

Os números 50 (“25 anos de RGE”) e 51 (“Os xoguetes tradicionais”) son centro de xornadas en Lugo, Tui e Ferrol.

Velaquí o programa de divulgación da publicación de Nova Escola Galega:

–         29 de febreiro: Lugo (Facultade de Formación do Profesorado (Campus Lugo-USC). 19 h.
              Intervirán:
              – Francisco Rodríguez Lestegás: Decano da Fac. de Formación do Profesorado.
              – Fran X. Candia: membro do Consello Editorial da RGE.
              – José Antonio Barral: membro do Secretariado de NEG.
              – Mario Saavedra: promotor e especialista dos xogos tradicionais.
              – Juanjo García Rodicio: recuperador dos xogos tradicionais.
 
–         1 de marzo: Tui (Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica de Tui). 20 h.
              Intervirán:
              – Moisés Rodríguez: alcalde de Tui.
              – Xesús Rodríguez: director da RGE.
              – Manolo García: investigador do Patrimonio lúdico.
              – Xosé López: profesor e investigador do Patrimonio lúdico.
 
–         2 de marzo: Ferrol (Galería Sargadelos). 19:30 h.
              Intervirán:
              – Mª Dolores Candedo Gunturiz: Presidenta de NEG.
              – Secundino García Mera: membro do Secretariado de NEG e especialista no Patrimonio lúdico.
              – Antón Cortizas Amado: investigador do Patrimonio lúdico.

A RGE comezou a editarse en 1986 cunha periodicidade trimestral, promovida por Nova Escola Galega e editada por Edicións Xerais de Galicia. A finais de 1988 chegaba aos 800 subscritores/as,cunha difusión de 1.400 exemplares en cada número.

A RGE iniciou a fins do 2005 a súa segunda etapa, de periodicidade cuadrimestral. Defínese como unha publicación pedagóxica, en lingua galega, dirixida ao profesorado e, en xeral, aos educadores/as e técnicos/as da educación en Galicia; plural e construída desde as posicións de reforma democrática da educación, ao servizo dunha sociedade solidaria, libre e cultural e lingüisticamente normalizada, posicións todas elas preconizadas polo conxunto de Movementos de Renovación Pedagóxica, e singularmente por Nova Escola Galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*