A pasada semana elixíronse os campións galegos de xadrez nas categorías de infantil e xuvenil.
O Martes 21 de Febreiro de 2012 tiveron lugar nos salóns do Hotel Scala de Padrón as derradeiras roldas dos Campionatos Galegos Sub-14 e Sub-18 onde se proclamou Campión Galego Infantil o xogador, do Club Xadrez Fontecarmoa, Julio Suarez Gomez e coma Campioa Galega Infantil a xogadora, do Club Xadrez Laroca, Mireya Represa Perez.
Na Categoría Xuvenil como Campión Galego proclamouse o xogador David Gomez Dieguez do Club Xadrez Ourense e coma Campioa Galega na mesma categoría Aranzazu Sanchez Gabin do Club Xadrez Grupo Bazan.
Poden ampliar información na web da Federación Galega de Xadrez.