Intensas xornadas do grupo europeo sobre os Grandes Tesouros

Intensas xornadas do grupo europeo sobre os Grandes TesourosDa man de Ponte nas Ondas, visita á Eurorrexión para coñecer o patrimonio inmaterial galego-portugués.

O proxecto europeo Grundtvig-GRAND TREASURES, promovido polo departamento de Educación e Cultura da Unión Europea procura estudar e divulgar os Tesouros Humanos Vivos do Patrimonio Inmaterial dos respectivos países. Este grupo constituíuse en setembro de 2011 e xa celebrou a súa reunión constitutiva o pasado mes de decembro en Polonia.

GRUNDTVIG está formado por entidades de Polonia, Grecia, Letonia, Estonia, España e Portugal que traballan co patrimonio cultural inmaterial nos seus países. A Asociación Ponte…nas ondas! é a anfitrioa da visita á Eurorrexión onde ademais de realizar xornadas de traballo do propio grupo, tamén coñecen directamente a persoas e grupos de portadores das manifestacións do patrimonio inmaterial galego-portugués.

Ampla visita á eurorrexión
Na primeira das xornadas de traballo, o grupo desprazouse ao Concello de A Guarda onde visitaron o Museo e a citania de Santa Tegra, e mativeron un encontro coa Cooperativa de Mulleres Redeiras Atalaia. A seguir foron recibidos no Concello polo alcalde Xosé Manuel Freitas e a concellería de Turismo quen presentaron o proxecto de recuperación dos Tesouros Vivos que o Concello de A Guarda vai poñer en marcha en colaboración con Ponte…nas ondas! Tamén no mesmo concello degustaron unha mostra de produtos do mar ofrecidos pola empresa ORPAGU Gourmet.Intensas xornadas do grupo europeo sobre os Grandes Tesouros

A seguinte xornada levounos a Melgaço, e nas pesqueiras do rio Minho mantiveron un encontro con pescadores e asistiron á preparación tradicional da lamprea. Pola tarde visitaron o Museo da Memória onde escoitaron as historias do contrabando na fronteira da man de un portador de 81 anos que detenta unha historia de vida singular relacionada co río Miño, a emigración e o contrabando.

En Salceda de Caselas asistiron a un encontro co grupo do Rancho de Reis e a unha demostración desta danza. E no concello de Ponte da Barca, no Lindoso, a celebración do Pai Velho, unha das manifestacións máis auténticas do entroido da Eurorrexión.

Valença, onde ten a súa sede a asociación Ponte nas Ondas, aloxou os representantes do grupo durante a súa estancia e foi sede tamén de diversas xornadas de traballo.

Proxecto europeo Grundtvig

O grupo de traballo Grundtvig está constituído polas seguintes entidades :

Polonia: UNESCO Iniciatives Centre, é unha asociación con sede en Bratislava que realiza proxectos de recuperación do patrimonio traballando en comunidades pequenas con actividades de dinamización cultural.

Grecia: MEDIA DELL’ ARTE Creative Team, e ún grupo de investigación que traballa nas illas gregas facendo recolla do patrimonio oral. Teñen un arquivo audiovisual e realizan actividades de dinamización cultural nas illas aínda que a súa sede está en Atenas.

Letonia: Latvian National Commission for UNESCO (UNESCO LNC) é unha institución oficial que promove as actividades e proxectos da Unesco en Letonia. A súa sede está en Riga.

Intensas xornadas do grupo europeo sobre os Grandes TesourosEstonia: MTÜ Kultuur aitab Niigata, é unha asociación que traballa na recuperación da memoria dunha zona Estonia a partir de arquivos fotográficos.

De Galiza e Portugal forman parte as asociacións Xandobela de Santiago de Compostela, que realiza traballos de dinamización do patrimonio, e a Asociación Ponte…nas ondas! que é coñecida polo seu labor de divulgación e transmisión do patrimonio común galego-portugués ás novas xeracións.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*