Home » Actualidade » Suxestións de aprendizaxe activa para rapaces con alto grao de autismo

Suxestións de aprendizaxe activa para rapaces con alto grao de autismo

autismo ojea 300x226 Suxestións de aprendizaxe activa para rapaces con alto grao de autismoManuel Ojea, profesor da Universidade de Vigo, publica “Trastorno do Espectro Autista de Baixo Funcionamento: Comunicación Baseada en Imaxes e o Acto de Sinalar”.

O programa de actuación debullado no libro publicado por Manuel Ojea, profesor na Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, en colaboración coa investigadora Nuria Diéguez, foi realizado tendo como protagonistas a Nacho, Ari, Lisa e Unax, de idades comprendidas entre 6 e 8 anos. Os propios familiares e docentes dos cativos realizaron as fotografías que forman parte do libro, editado por Psylicom e a Editorial Aguatinta co título “Trastorno del Espectro Autista de Bajo Funcionamiento” .

A continuación ensaiouse con estudantes de España, México e Estados Unidos. Cos resultados obtidos, Ojea subliña que “o programa aplicado facilitou a mellora de todas as dimensións comunicativas estudadas: comunicación, expresión, recepción, palabras, signos e capacidade do acto de sinalar obxectos e accións”. Os niveis menos significativos de mellora, explica, observáronse no apartado de signos debido a que os participantes que empregaban os signos como sistema alternativo de comunicación ao oral xa tiñan un nivel medio no uso dos mesmos antes do programa.

O volume inclúe un cento de actividades e un CD con todos os materiais da obra ademais dun anexo de recortables para as actividades propostas. Manuel Ojea xa publicara entre outros: “Emociones y Autismo: Programa de Desarrollo de la Comprensión Social” e “Habilidades Sociales y Síndrome de Asperger.” Ademais das cen actividades salientadas, o programa publicado agora inclúe un CD con todos os materiais da obra e un anexo de recortables para que os rapaces completen as actividades propostas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>