Recollida de sinaturas en prol da “custodia compartida”

Recollida de sinaturas en prol da "custodia compartida"Chéganos nova da campaña que solicita o cambio de normativa en materia de nulidade, separación e divorcio.

Segundo explican os promotores desta campaña activa hai tempo, cada ano hai unha media de 6 mil divorcios en Galicia. Aproximadamente a metade desas parellas teñen fillos menores de idade. Actualmente, no 85% dos casos a custodia é adxudicada á nai.

Nesta campaña exponse que estudos científicos e a práctica diaria en países veciños indican que a “custodia compartida” ou “responsabilidade parental conxunta” supón beneficios claros para menores e proxenitores. Por este motivo solicitan a modificación da normativa para que no Estado español e en Galicia en particular se conceda a custodia compartida de xeito preferente logo da ruptura da convivencia en parella. As sinaturas serán enviadas á Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xusticia

Máis información na web Custodia Compartida en Galicia Xa e no espazo en liña da Asociación Galega de Pais e Nais Separados

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*