Home » Actualidade » Concurso de viñetas ‘ = traballos, persoas ≠ ‘

Concurso de viñetas ‘ = traballos, persoas ≠ ‘

igualdade Concurso de viñetas  = traballos, persoas ≠ Destinado á mocidade de entre 12 e 18 anos e con motivo da conmemoración do Día da Muller Traballadora.

A iniciativa propón o envío, a título individual ou como grupo, dunha viñeta ou tira que reflicta a intención de fondo deste concurso, que é fomentar a sensibilización e implicación activa da sociedade con respecto á igualdade de oportunidades no mercado laboral para os dous xéneros, acabar cos estereotipos dalgunhas profesións, promover a conciliación da vida laboral e a familiar, e permitir que as mulleres entren en igualdade de oportunidades na vida pública.

Cada participante só poderá presentar unha única obra escrita en galego e non premiada con anterioridade. Os premios consistirán nun iPad para o primeiro e un e-book para o segundo e o terceiro premiados. Ademais, todos eles recibiran unha colección de cómics. A Deputación poderá facer uso das obras para campañas de sensibilización e actividades da institución relacionadas co fomento da igualdade de xénero.

O prazo de admisión de obras remata o 9 de abril ás 23h55 horas. A concesión do premio decidirase antes do 25 de abril. As bases completas están no Boletín Oficial da Provincia da Coruña: Concurso de viñetas ‘= traballos, persoas ≠’

Relacionado: Trivial do 8 de marzo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>