Consumópolis: a cidade do consumo responsábel

Consumópolis: a cidade do consumo responsábelEspazo web con información e actividades sobre o Consumo Responsable.

O obxectivo de Consumópolis é ofrecer a pais , nenos e profesores unha ferramenta práctica e dinámica que contribúa ao desenvolvemento integral de actuais e futuros consumidores. Consumópolis favorece a aprendizaxe de conceptos, procedementos e actitudes que posibilitan a construción dunha sociedade de consumo cada vez máis xusta, solidaria e responsable.

Alimentación, aforro enerxético, seguridade na compra de xoguetes ou dereitos e deberes dos consumidores son só algúns dos temas que podes atopar no espazo de fichas pedagóxicas. Ademais, tamén pode accederse a unha zona de xogos con ciber-brinquedos relacionados con esta temática.

É tamén un punto de encontro que favorece o intercambio de opinións e experiencias entre todos os que entenden como fundamental a formación en materia de consumo.

Alén diso, Consumópolis organiza anualmente o certame do que vos temos falado anteriormente.

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*